16 de noviembre de 2011

¡PROBANDO ROUPA, QUÉ DIVERTIDO!

Onte fixemos unha actividade que resultou moi entretida para os nenos. Aquí podedes ver un vídeo que o reflexa. Os contidos traballados foron moitísimos: grande-pequeno; largo-curto; cores; tallas...



7 de noviembre de 2011

OUTRA SESIÓN NO XIMNASIO

Hoxe tamén estivemos no ximnasio, e xogamos con pelotas. Quérenos ver?








UNIDADE DIDÁCTICA 2 :"¿DÓNDE VIVIMOS?"

¡HOLA DE NOVO FAMILIAS!

Empezamos a segunda Unidade Didáctica e o mesmo tempo celebramos o Samaín, o Magosto, os Aniversarios dos nenos...

Aquí podedes ver unha sesión conxunta cos compañeiros da profe Ana na aula de 4 anos B, na que fixemos DEDOS DE SAMAÍN. Como sabedes os nenos levaron a casa a receita ben coidadiña con un morcego, que previamente fixeron en clase.
Espero que vos guste tanto velos, como a nós facelos e comelos. ¡Que aproveite!








 
Hoxe celebramos o aniversario de Mateo, aínda que foi o día 1 de novembro, pero como foi festivo e logo estivo enfermo, tivémolo que facer hoxe. A tarta é de plastilina, pois do que se trata é de disfruten do protagonismo do momento e de que vaian comprendendo o concepto do tempo e do seu paso.
 
 


20 de octubre de 2011

YA ESTÁ ARENITA DE NUEVO CON SUS AMIGOS

ARENITA, la tortuga mascota de nuestra clase y de nuestro blog, ya está de nuevo en el aula.
Cada día le damos de comer y cambiamos el agua, aprendemos a cuidarla.




17 de octubre de 2011

Primeira sesión de Psicomotricidade no ximnasio

Polas características estructurais do colexio, os grupos de Educación infantil non teñen asinado horario de uso do espacio chamado "ximnasio", pero ocurríoseme que sí poderíamos empregalo durante o recreo de Primaria.
Así que, a miña titoría, imos ter unha sesión semanal de Psicomotricidade no ximnasio (preferentemente os luns). Preséntovos aquí unhas fotos do que fixemos na primeira sesión.









O Moucho estivo na escola e contounos 2 contos

Como todos os anos, o Moucho veunos visitar. Unha vez ao trimestre vennos contar contos e deixarnos outros para lelos na clase, que logo ven recoller pasados uns días.
Qué ven o pasamos co Moucho!








8 de octubre de 2011

1 DE OUTUBRO: Día dos maiores=Día dos avós para nós

Na asamblea do venres 30 de setembro falamos da familia e centrámonos nos avós, dado que o sábado 1 de outubro celébrase o día das persoas maiores.
Pedínlle aos nenos que fixeran un debuxo dos seus, e isto é o que fixeron.








CELEBRANDO A CHEGADA DO OUTONO

Imos o patio a recoller follas secas, despois de ver o vídeo sobre o outono. ¿Vémolo de novo?





Ahora preparamos unha  paisaxe de outono coas follas recollidas. E aprendimos cousas dos froitos de outono: pimentos, figos, noces, castañas...