Iremos unha sesión á semana a aula de informática coas profesoras de apoio Paloma (unha semana ao mes) e Consuelo (tres semanas ao mes), en función da disponibilidade do espacio.
E faremos moitos traballos na propia aula.
O obxectivo é acercar o uso das novas tecnoloxías aos alumnos, así como empregalos como material de traballo habitual para adquirir coñecementos.
¡CHEGOU O OUTONO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Vexamos agora algunhas fotos do traballo feito en torno ao outono:
- As profes trouxemos figos, pementos, castañas, noces e avelás, e fomos cos nenos ao patio a recoller follas secas, e observamos xuntos as súas características.
- Sacamos as sementes dos pementos, para deixalas secar e plantalas máis adiante no invernadoiro.
- Fixemos un mural do outono.
- Constatamos as aprendizaxes nas fichas de aula.
0 comentarios:
Publicar un comentario