15 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS

O vindeiro martes 17 é o día das LETRAS GALEGAS.No cole estivemos toda a semana traballando o tema .Fixemos un libriño de LOIS PEREIRO do que aprendimos:
*Naceu en Monforte de Lemos,Lugo.
*Estudiou en Madrid
*Traballou na tele,facendo letras de cancións e escribindo libros na nosa lingua.
*Participou  na revista Loia.
*Estivo toda a vida enfermo por tomar aceite de colza
*Morreu en A Coruña

Xunto cos amigos de 3 anos B fixemos unha pacarta e sabedes que? Resultou gañadora entre todas as pancartas que fixeron no cole!!


O venres tivemos contacontos;estivo moi ben;só tedes que ver as nosas caras:
 
E ata cantamos unha canción:

E para rematar o día;todo o cole;acudimos ao festival das Letras galegas.Escoitamos chistes,actuacións musicais e vimos un baile;todo feito polos nenos do noso cole.
Se queredes saber mais sobre Lois Pereiro ,e aprender xogando co ordenador,tedes este enlace : http://seminariogalan.org/inicio/ver/164

0 comentarios: